A Copa escapouse nos tiros libres

Compartir con

Gran partido  do Cafés Candelas que puxo  contra a s cordas ao Obradoiro na final

O Monbús Obradoiro fíxose coa final da Copa Galicia in extremis. O equipo compostelano de Liga Endesa ACB tivo que empregarse a fondo para superar ao  Cafés Candelas Breogán que acusou a mala porcentaxe dende a liña de tiros libres (6 de 15) e levou o dominio do electrónico ata os instantes finais no que o número de rotacións obradoiristas fíxose notar  para levar a Copa Galicia por un axustado 75-71. Os celestes tiveron un ataque a 15 segundos do final con opcións de levar o partido á prórroga con 73-71, pero un roubo de Obradoiro finalizado en contraataque puxo o marcado final en 75-71.

Sen Matt Stainbrook,o Cafés Candelas foi  mellor  que o rival en moitos minutos e destacaron as acctuacións de Löfberg (14 puntos e 7 rebotes), Leo Demetrio (12 puntos, 8 rebotes), Arco (11 puntos), Rubio (8 puntos, 6 rebotes e 6 faltas recibidas), Christian díaz e Cigoja con 7 puntos e Úriz con 6.

O Cafés Candelas pensa xa na liga e na estrea en casa,no Pazo,do vindeiro sábado 30 de setembro ás 20:00 horas ante o Río Ourense nunha nova edición do Derbi do Miño.

A Copa escapouse nos tiros libres

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información