A Copa Príncesa, unha homenaxe ao BALONCESTO

Na pista, pola loita dos protagonistas. Fora dela pola paixón das afeccións. Unha cita memorable

Foto @JaiGPenelas
Foto @JaiGPenelas

O sábado 3 de febreiro de 2018 quedará na memoria por moitos motivos. A consecución da Copa Princesa por parte do Cafés Candelas Breogán foi so a guinda dunha semana para a lembranza. Dous equipos que representan a dous clásicos deixárono todo na pista para honrar a este deporte e amosar a importancia de brindar un título aos seus. Fora da cancha, na grada, afeccionados de Breogán e de Manresa animaron  de principio a fin. Antes do partido, seareiros vermellos e celestes compartiron mesa e mantel, falaron de baloncesto, das tradicións das súas cidades, das múltiples liñas que Lugo e Manresa teñen escrito na historia deste fantástico deporte. Ataron lazos que so o deporte ben entendido sabe atar. Todos  gozaron da «fanzone», do partido, da cidade, da final.

Uns celebraron a vitoria, outros sufriron unha derrota, pero todos, absolutamente todos, honraron o deporte e os valores que representa o baloncesto. 

Os instantes finais da cita, co Pazo coreando “Manresa, Manresa”, e os seareiros cataláns coreando “Breogán, Breogán” simbolizan o mellor dunha xornada inesquecible.

Intercambio de bufandas, ánimos e felicitacións, respecto mutuo e desexo de que o baloncesto volva a xuntarnos en ocasións especiais coma esta.

Sexa quen sexa o vencedor, o baloncesto nunca perde cando honra os seus valores.

 

Parabéns!

A Copa Príncesa, unha homenaxe ao BALONCESTO
Foto FEB
Foto FEB

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información