A Copa xogarase no Pazo o sábado 3 de febreiro ás 20:45 horas

Compartir con

O evento contará coas cámaras de TeleDeporte en directo

O presidente do Breogán compareceu para facer balance da primeira volta de liga e adiantar información de interese sobre a Copa Princesa

O Cafés Candelas Breogán – ICL Manresa, un clásico do baloncesto cun titulo en xogo, o da Copa Princesa, terá o Pazo como escenario dun evento que será unha cita ineludible para os amantes deste deporte.

O presidente do CB Breogán, Jesús Lázare, adiantou en rolda de prensa varios aspectos relativos á Copa Princesa. Haberá animación no entorno do Pazo, música, xogos, camisetas conmemorativas para tódolos asistentes, zona infantil, postos de comida... unha oportunidade de pasar unha tarde completa que rematará cun partido espectacular entre dous dos mellores equipos do momento na LEB Oro. A "fanzone" estará situada na zona do partking de aboados polo que o servizo habitual non estará dispoñible. 

Os aboados da presente tempada do Cafés Candelas Breogán poderán optar a conservar o seu asento numerado, en caso de telo para a liga, mercando a entrada dentro dun prazo concreto, e terán prezo especial de 12 € para maiores de 18 anos e 8 € para os menores. Os non aboados pagarán 18€ os maiores e 12 € os menores.

Ademais está previsto que os aboados poidan retirar entradas extra a prezo de socio para acompañantes.

Durante os vindeiros días iremos publicando polo miúdo todo o relativo á organización, venda de entrada etc. para o acontecemento do Pazo do día 3 ás 20:45 horas.

A Copa xogarase no Pazo o sábado 3 de febreiro ás 20:45 horas

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información