A hora do Inferno Celeste

Compartir con

A hora do Inferno Celeste

Domingo 12:30 no Fogar Do Breogán. O celeste como bandeira

«Nos malos momentos é cando aparecen os grandes equipos e as grandes afeccións». Son palabras de Tito Díaz, o adestrador lucense que regresa á súa casa onde sabe que nunca nada foi doado. Onde nunca nada foi regalado nin acadado sen esforzo.

A historia celeste está cargada de batallas difíciles. E este domingo o Pazo acolle outra na que será preciso que os gladiadores celestes deixen todo no parqué e sintan o alento da grada. Do Pazo, do Inferno Celeste.

É a hora do Pazo, de gañar e de sumar. A hora de recibir ao equipo como nunca, de que os tres adestradores lucenses sintan que no Pazo están na súa casa. No Fogar do Breogán.

É o día que vestir de celeste, de levar a bufanda ao Pazo!

A hora do Inferno Celeste
A hora do Inferno Celeste

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información