A Marea Celeste pon rumbo a Burgos

Compartir con

O venres día 26 o Cafés Candelas buscará iniciar a remontada en El Plantío (21:00h.)

O Club dispón de 100 entradas que poderán ser reservadas polos aboados do Breo a través da web. Tamén haberá autobús para os afeccionados que reserven a súa praza, con saída ás 15:00 horas do Pazo o mesmo venres e regreso tralo partido. As prazas terán un prezo de 15€ por persoa e será preciso superar un mínimo de 40 prazas.

A reserva de entradas e de prazas de bus farase na web para os aboados rexistrados na tenda online de cbbreogan.com e poranse a disposición este martes ás 17:00 horas. Poderanse reservar un máximo de 2 entradas por aboado.

Os prezos das entradas para o partido de Burgos é de 20€ para adulto, 15€ para juvenil (entre 16 e 18 anos) e maior de 65 anos, e 10€ a infantil.

A reserva de bus estará aberta ata o xoves ás 14:00 horas.

Proceso de reserva online, aquí

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información