ABÓNATE AO BREO! A mellor fichaxe do Río Breogán estará na bancada

Compartir con

ABÓNATE AO BREO! A mellor fichaxe do Río Breogán estará na bancada

Campaña de abonos do regreso a Liga Endesa

ALTA ONLINE

O proceso de alta e renovación farase en liña (cbbreogan.com) e ábrese unha opción de financiamento en ABANCA.

Os prezos dos abonos son similares aos da última campaña en que o equipo celeste estivo en ACB na tempada 2018/19 e a variación atópase nos descontos que serán proporcionais por zonas.

Mantéñense descontos por parella (Matrimonio ou parella de feito acreditados con Libro de FamiliaCon, mínimo, un dos dous membros en categoría sénior) fillos menores (con libro de familia), desempregados (tarxeta de búsquea activa de emprego, en categoría sénior aportando documentación acreditativa de procura activa de emprego inscrito con mínimo 3 meses de antelación á data de alta como abonado). Os descontos non son acumulables.

Simplifícanse e unifican determinadas zonas do Pazo.

Haberá tres fases de renovación e altas. Darase preferencia ao abonado da pasada tempada que terá preferencia sobre a súa localidade ata o 15 de agosto, cuns dias para efectuar cambios e finalmente abrirase a novas altas.

O club prevé a celebración de dous DÍAS DO CLUB que serán de pago para tódolos asistentes. A información relativa a prezos e elección dos partidos darase coa antelación suficiente.

Para máis información: info@cbbreogan ou chamando ao 982231050 de 9 a 14:00 horas de luns a venres.

ABÓNATE AO BREO! A mellor fichaxe do Río Breogán estará na bancada
Os descontos non son acumulables.
Os descontos non son acumulables.
ABÓNATE AO BREO! A mellor fichaxe do Río Breogán estará na bancada

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información