A quinta do capitán

Compartir con

Salva Arco cumprirá a súa quinta tempada defendendo a celeste do Leite Río Breogán

José Salvador Arco Frías ( Navàs, Barcelona, o 25 de outubro de 1984 ) renova o seu compromiso co Leite Río Breogán e xogará a súa quinta tempada consecutiva no club lucense.

Ademais da súa demostrada calidade, carisma e experiencia sobre o parqué, o capitán breoganista destaca pola súa total identificación co club, tanto dentro como fora da pista. 

Na pasada tempada, o 14 celeste sumou 10 puntos de media (cun 41,1% en triplos), e 1,5 rebotes en 20 minutos sobre a pista, sendo un home clave nos esquemas do Leite Rio  Breogan.

A quinta do capitán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información