A «vella música» soou no Pazo para a vitoria do Leite Río ante o Oviedo (72-54)

Compartir con

A «vella música» soou no Pazo para a vitoria do Leite Río ante o Oviedo (72-54)

O equipo celeste baseouse na intensidade defensiva para superar a un loitador Oviedo Baloncesto

Segunda vitoria da tempada para o equipo celeste que superou a falta de acerto da primeira metade na que os visitantes estiveron por riba en vantaxes próximas aos dez puntos, para ir medrando dende a defensa. As rotacións aportaron fluidez ao equipo de Diego Epifanio e levaron a desgastar ao rival nunha segunda parte moi seria que fixo desfrutar ao Pazo.

Tódolos xogadores do Leite Río aportaron puntos e defensa. Na estatística final destacan os 14 puntos e 5 rebotes de Thomas de Thaey (18 de valoración), os 5 puntos, 5 rebotes e 5 tapóns de Alex Olah (13 de valoración), os 5 puntos, 5 rebotes e 5 asistencias de Soluade, ou os 10 puntos e 6 asistencias de Christian Díaz, aínda que é xusto valorar o traballo de todo o equipo para acadar unha vitoria moi importante neste inicio de Liga.

O Pazo, unha vez máis espactacular, en plenas festas patronais de San Froilán, reuniu a máis de 4.000 persoas para animar ao equipo celeste e dar unha ovación para a lembranza ao mítico Jimmy Wright que foi homenaxeado polo breoganismo e acompañado por gran parte dos compañeiros que xogaron con el naquelas máxicas tempadas 1984-85 e 1985-86.

Unha tarde moi emotiva e con trunfo de equipo coa enerxía do Pazo.

 

A «vella música» soou no Pazo para a vitoria do Leite Río ante o Oviedo (72-54)
A «vella música» soou no Pazo para a vitoria do Leite Río ante o Oviedo (72-54)
Equipazo histórico con Jimmy Wright de convidado especial
Equipazo histórico con Jimmy Wright de convidado especial
O Presidente do CB Breogán, José Antonio Caneda, entregou a camiseta actual co lembrado número 5 que vestiu Wright nos anos 80
O Presidente do CB Breogán, José Antonio Caneda, entregou a camiseta actual co lembrado número 5 que vestiu Wright nos anos 80
O equipo agradeceu o apoio incansable do Pazo, do Fogar Do Breogán
O equipo agradeceu o apoio incansable do Pazo, do Fogar Do Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información