Aberta a tenda oficial do Breo en Rúa Progreso no centro de Lugo

Aberta a tenda oficial do Breo en Rúa Progreso no centro de Lugo

O club quere facilitar aos afeccionados o acceso aos produtos oficiais durante as vindeiras datas

Dende xa e durante as próximas semanas, o CB Breogán dispón dun local no centro de Lugo (Rúa Progreso 16) onde ten á venda produtos oficiais de merchandising e haberá atención ao público para venda de entradas, abonos e información.

Dende a equipación de xogo titular e reserva, ata cubrecamisetas, soadoiros, gorras, carteiras, chaveiros, bufandas... e unha longa lista de produtos que durante os vindeiros días se irán engadindo, estarán listos para que todos atopen o agasallo perfecto para as datas de Nadal.

O horario de atención habitual será de 10:30 a 14 horas e de 16:30 a 20 horas.

Aínda que o local xa iniciou a súa actividade, o venres 30 ás 20:00 horas haberá unha inauguración oficial aberta ao público coa presencia de parte do equipo que estará a disposición dos afeccionados que visiten o local para fotos, autógrafos, sinatura do merchandisig que se venda, etc.

Aberta a tenda oficial do Breo en Rúa Progreso no centro de Lugo
Aberta a tenda oficial do Breo en Rúa Progreso no centro de Lugo

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información