ABONADOS: Prazo de incorporación de familiares e reubicacións

Compartir con

Semana do 2 de xullo. As xestións serán exclusivamente presenciais en oficinas do Pazo en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas

Os asentos dos aboados que non renovaron quedaron xa liberados. Na presente semana seguirán tendo preferencia os aboados que queiran renovar, reubicarse ou incorporar familiares directos (So os da unidade con dereito a descontos: parella de feito ou matrimonio, fillos menores de 25 anos e proxenitores en caso de que sexa o menor de 25 o aboado. Será imprescindible presentar a documentación oficial que acredite as relación familiar).

As xestións desta semana faranse exclusivamente de xeito presencial en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas de luns a venres.

O vindeiro día 9 abrirase a venda de abonos ao público xeral.

 

CONDICIÓNS XERAIS

 Para a tempada 2018/2019 tódalas localidades serán numeradas, incluídos os fondos, polo que os prezos que aparecen no gráfico de gradas corresponden ao prezo final dos abonos individuais.

 

CATEGORÍAS

BABY BREO: de 0 a 4 anos á data de alta. Prezo único 10€ (Non da dereito a asento, para elo o interesado debe darse de alta como aboado infantil).

INFANTIL: de 5 a 17 anos (incluídos) á data de alta.

ESTUDANTE: de 18 a 24 anos (Incluídos) á data de alta.

SENIOR: de 25 a 64 anos (incluídos) á data de alta.

DESEMPREGADO: en categoría sénior aportando documentación acreditativa de procura activa de emprego con inscrición anterior ao 5 de maio de 2018.

XUBILADO MAIOR DE 65 ANOS: persoas con 65 anos cumpridos á data de alta no abono e que acrediten situación legal de xubilación.

 

OPCIÓN DE PARKING: a modalidade de reserva do parking da zona superior do Pazo dos Deportes no lateral Campus estará dispoñible en días posteriores a definir polo Club. A acreditación de aparcamento será numerada de acordo ao número de prazas dispoñibles e recollerase nas oficinas.

3. DESCONTOS

CÓNXUXE (Matrimonio e parella de feito acreditados con, mínimo, un dos dous membros en categoría senior): 55€ sobre o abono.

1º e 2º FILLO (Válidos para menores de 25 anos á data de alta), acreditado: 25€.

3º FILLO E SUCESIVOS (Válidos para menores e 25 anos á data de alta): 50€.

DESCONTO FIDELIDADE: Os aboados da pasada tempada terán un 5% de desconto sobre o abono (unha vez calculados o resto de descontos, de ser aplicables) facendo a renovación durante o mes de xuño, tanto para a renovación da localidade coma no caso de cambio da mesma.

 

 PAGOS: FORMA E PRAZOS

Posibilidade de pago en efectivo, tarxeta de crédito ou domiciliación bancaria aportando o IBAN.

OPCIÓN DE PAGO FRACCIONADO: os aboados poderán fraccionar o seu pago, como máximo, ata en catro (4) prazos ata o inicio da tempada (data a definir polo Club cando se publique o calendario oficial da Liga), sendo a cantidade mínima a pagar de cada un dos prazos elexidos o 10% do importe total do abono, agás o último prazo que deberá cubrir o total da cantidade que reste por pagar, activándose o abono cando se complete a totalidade de dito importe.

As cantidades aportadas en pagos fraccionados non serán devoltas salvo causas xustificadas a tenor do criterio do Club.

Será o propio aboado o que decida e efectúa os pagos freccionados que decida dentro das opcións que da o club.

Na modalidade de pago presencial nas oficinas do Club requerirase, en todo caso, a presentación dos resgardos dos pagos efectuados con anterioridade, de ser o caso.

 ABONOS: EMISIÓN DE TARXETA E VALIDEZ

Serán válidas as tarxetas de abono dos socios da pasada campaña. Os aboados que renoven a súa localidade contarán cunha reactivación automática online da súa tarxeta para o acceso aos partidos da tempada 2018/2019, non tendo que acudir así á oficina do Club por facerse todo o trámite online.

Nos casos de que o aboado da pasada tempada non conservara a súa tarxeta de abono ou, conservándoa ou non, fixera un cambio de localidade, deberá acudir ás oficinas para retirar unha nova tarxeta de abono.

Recordamos que en calqueira caso é de obrigado cumprimento para o aboado presentar tódolos resgardos do/s pago/s xa efectuado/s para proceder á retirada da tarxeta de abono.

O abono da tempada 2018/2019 será válido para acceder aos partidos de liga regular da tempada conforme ao calendario a definir pola propia Liga, excepto para dúas citas declaradas DÍA DO CLUB que serán de pago para tódolos asistentes a elección do Club. Neste sentido o Club resérvase o dereito a elixir o importe a pagar polo afeccionado e os encontros en cuestión, comunicándoo en todo caso coa antelación suficiente.

Nos días do Club manterase, en todo caso, o dereito ao acceso ao parking superior lateral Campus para os abonados posuidores da tarxeta acreditativa segundo as condición xa expostas.

--------------

Tódolos prezos relacionados tanto nas presentes condicións coma na website do Club inclúen o IVE preceptivo segundo a normativa vixente.

O usuario será o único responsable de facilitar os datos reais para levar a cabo os trámites de pago expostos nas presentes condicións así como calquer outro dato relacionado nas mesmas. Os erros derivados polo mal funcionamento dos terceiros prestadores de servicios (de pagamento) nalgunha das modalidades aquí descritas serán responsabilidade destes últimos, eximindo ao Club da mesma.

Tódolos datos recollidos serán tratados acorde á Política de Privacidade do Club e á Nota Legal.

Mediante a publicación no DOGA, o 2 de xaneiro de 2018, da LEI 10/2017, de 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, coñecemos unha nova regulación autonómica que concerne ao Club como organizador dos partidos da nova tempada así como ao usuario abonado espectador. Neste sentido, sabendo que a dita norma entra en vigor o próximo 2 de xullo do presente ano, o Club convida ao usuario abonado a ler a dita nova normativa tendo en conta que no artigo 21 da mesma faise referencia aos dereitos e obrigas daquel.

ABONADOS: Prazo de incorporación de familiares e reubicacións

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información