ABONOS: O club abrirá un prazo preferente para a incorporación de familiares directos de aboados e reubicacións
Os aboados da pasada campaña que renoven terán prazos de incorporación de familiares e axustes de localidades
Antes da apertura da venda de abonos para o público xeral, prevista para o luns 9 de xullo, os aboados terán a posibilidade de reubicarse e/ou incorporar familiares directos, entendendo estes como os que teñen dereito a descontos (parella de feito ou matrimonio, fillos menores de 25 anos e proxenitores en caso de que sexa o menor de 25 o aboado).
Existen dúas posibilidades:
1.- Reubicación sen engadir novos familiares :
Dende o día 2 ao 8 de xullo, os aboados terán prazo para reubicarse sabendo xa as localidades que quedan liberadas polos aboados do pasado ano que non renovaron.
2.-Reubicación ou permanencia, engadindo novos familiares:
Dende o día 2 o 8 de xullo, os aboados terán prazo, sabendo xa as localidades que quedan liberadas polos aboados do pasado ano que non renovaron, para reubicarse ou permanecer nos seus asentos e engadir novos familiares.
TÓDALAS XESTIÓNS DEBERANSE FACER DE XEITO PRESENCIAL EN OFICINAS DO CLUB.
A INCORPORACIÓN DE FAMILIARES DEBE SER XUSTIFACADA CON DOCUMENTO OFICIAL QUE ACREDITE O PARENTESCO.
Os prazos quedan deste xeito:
Mantense, segundo se anunciou, o sábado día 30 de xuño como último día de renovación de localidades da pasada tempada co beneficio engadido dun 5% de desconto. O domingo 1 de xullo o proceso estará suspendido para realizar as actualizacións precisas do sistema.
Para os non aboados da pasada campaña o seu prazo aberto dará comezo o día 9 de xullo luns.
Todalas renovacións e altas realizadas a partir do o día 1 xullo xa non contarán con desconto do 5%.
