Aboubacar e Quintela, gladiadores con sangue celeste para o Leite Río Breogán

Compartir con

Dous novos xogadores do Leite Río Breogán que se suman ao reto de defender a camiseta da súa cidade

O Breogán deu a benvida oficial en rolda de prensa a Erik Quintela e Seydou Aboubacar.

O director xeral do CB Breogán Tito Díaz expresou a súa satisfacción por contar con xogadores de Lugo -nacidos na cidade no caso de Erik, ou con total arraigamento en Lugo como Seydou- aínda que non pola súa orixe como principal motivo, senón pola súa valía como xogadores e a súa gran traxectoria nas últimas tempadas.

Erik Quintela comeza unha segunda etapa de celeste á que chega como un xogador maduro e importante na competición, moito máis, como el mesmo recoñeceu na súa comparecencia, do que lle levou a vestir a celeste alá pola tempada 2012/13 na que tivo pouco protagonismo. Considera o seu regreso como algo moi especial, e coincidir co seu irmán Sergi no equipo da súa cidade natal, un reto estimulante.

Seydou Aboubacar xa sabe tamén o que é traballar no Pazo adestrando con asiduidade co primeiro equipo no pasado, onde xa mostraba que o seu traballo faríalle crecer como xogador no mundo da canastra. Tras dúas tempadas en franca evolución en Valladolid, chega ao Breo como un dos interiores importantes da liga.

Os dous coincidiron na satisfacción de poder vestir a celeste e embarcarse no sempre ambicioso proxecto do Leite Río Breogán.

Benvidos!

Aboubacar e Quintela, gladiadores con sangue celeste para o Leite Río Breogán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información