Adestrando con Thomas, Epi e Dago

Compartir con

Os tres membros do Leite Río Breogán compartiron un adestramento con rapaces das escolas de baloncesto do colexio Franciscanos de Lugo

Un grupo de nenos e nenas das escolas de baloncesto do colexio Franciscanos recibiron a visita de Thomas de Thaey, Dago Peña e Diego Epifanio que ofreceron unha charla aos rapaces e responderon ás curiosidades de todos aqueles que quixeron saber algo máis sobre a vida dos deportistas.

Tralas preguntas,tempo para adestrar baixo a experta mirada dos tres membros do Breo que aproveitaron para dar algúns pequenos consellos sobre aspectos básicos e fundamentos do xogo. A visita rematou cunha foto de familia e a promesa de seguir véndose nas canchas.

A actividade enmárcase dentro do programa de promoción do deporte e hábitos saudables entre os escolares e colectivos de Lugo que conta co impulso da Área de Deportes da Deputación Provincial de Lugo.

Adestrando con Thomas, Epi e Dago
Adestrando con Thomas, Epi e Dago
Adestrando con Thomas, Epi e Dago

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información