Alec Brown: «O derbi será un partido especial»

O xogador do Cafés Candeas, con pasado obradoirista, espera un gran ambiente nun derbi histórico

«Atópome cada día mellor e estou preparado para axudar o equipo. Tiven algúns problemas no nocello pero noto a melloría día a día», comentou ante os medios de comunicación Alec Brown, un «catro atípico» como definiu o Director Deportivo do Cafés Candeas Breogán Quique Fraga, «moi alto (2,16m.) e que destaca pola súa mobilidade e a súa capacidade de anotación exterior».

Sobre o rival que chegará ao Pazo o sábado e que coñece ben, Brown dixo que «Obradoiro cambia moito en cada tempada, cambiaron xogadores e a súa forma de xogar. A Moncho gústalle moito cambiar o plan de xogo cada partido polo que o meu paso polo equipo pouco pode axudar no scouting para o derbi», dixo cun sorriso.

O xogador do Cafés Candeas espera un gran ambiente no derbi como o os partidos disputados ata agora no Pazo no seu regreso a Liga Endesa: «O público no Pazo é incrible e o equipo sente a enerxía que lle transmite a bancada».

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información