Aleksandar Marcius súmase ao xogo interior do Leite Río Breogán

Compartir con

Aleksandar Marcius súmase ao xogo interior do Leite Río Breogán

O pívot croata de 2,08 m. e formado na NCAA procede do Betis

Aleksandar “Sandi” Marcius (Nedelišće, Croacia, 25 de mayo de 1990) é un pivot de 2,08m. Con formación universitaria na NCAA nas universidades de Purdue (2010-2013) e De Paul (2013-2014).

Marcius é un pivot forte con presencia interior tanto en ataque como en defensa, con bos movementos, bo finalizador e no rebote e con boa man e capacidade de anotación, e conta con experiencia na categoría.

Tras o seu periplo na NCAA, Marcius xogou no seu país no GKK Sibenik antes de chegar a España onde destacou no Sammic ISB de LEB Plata con 14,9 puntos e 9,3 rebotes de media nunha tempada 2015-2016 na que rematou formando parte do quinteto da liga e marcando rexistros como o tope de valoración histórico con 62 tantos nun partido.

Na campaña 2016-2017 ficha polo Cáceres de LEB Oro e asina unha campaña moi destacada con 13,8 puntos e 7,7 rebotes de media.

Tras un paso por la Lega Due italiana de la mano del Casale Monferrato (9,3 puntos e 6,5 rebotes de media), recala no Real Betis, equipo co que ascendería a ACB, e con menos minutos en pista, (7,7) achega 3,6 puntos e 2,3 rebotes.

TRAXECTORIA

La Lumiere High School (Usa)

Purdue University (NCAA) (2010-2013)

Depaul University (NCAA) (2013-2014)

GKK Sibenik (2014-15)

Sammic ISB (2015-16)

Cáceres Patrimonio de la Humanidad (2016-17)

A.S. Junior Pallacanestro Casale (2017-2018)

Real Betis Energía Plus (2018-19)


 

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información