O club e o xogador chegaron a un acordo para ampliar o seu contrato durante o mes de xaneiro
Coa prolongación do contrato temporal de Álex Urtasun, o Río Breogán contará cun efectivo máis tanto para a rotación en adestramentos como nos partidos. Desta maneira o Breogan contará con 13 xogadores para afrontar un tramo de calendario no que se prevé unha acumulación maior de encontros, facilitando tamén a completa recuperación de Sergi Quintela, que xa se atopa traballando co equipo tras a súa escordadura de nocello, así como cubrir calquera imprevisto que puidese aparecer nas próximas semanas.
