Álex Urtasun reforzará os adestramentos do Río Breogán

Compartir con

O experimentado escolta adestrará temporalmente co equipo celeste o que permitirá incrementar o nivel da preparación do equipo no día a día, así como a rotación dentro das propias sesións de adestramento.

Contar cun efectivo máis nas sesións de traballo dará máis opcións dentro da planificación diaria e será un apoio imporante para que xogadores que permaneceron parados varios días debido ao Covid, recuperen o ritmo axeitado para abordar o duro tramo de calendario que o Río Breogán ten por diante.

Álex Urtasun é un xogador cunha brillante traxectoria en ACB e cuxa contrastada experiencia e calidade será un imporante reforzo para o traballo diario do equipo.

O club agradece ao xogador a súa disposición para unirse ás sesión de adestramento do equipo celeste, co que traballará desde esta semana.

ACB Photo / A. Pacheco
ACB Photo / A. Pacheco

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información