Algunhas razóns para non faltar ao Leite Río Breogán -Leyma Coruña

Compartir con

Ademais do partidazo de rivalidade autonómica, hai moitas outras razón para estar no Pazo o sábado

O gran momento do Leyma Coruña, un dos equipos máis en forma da categoría, a volta ao Pazo de Jeff Xavier, ver en acción ao lucense Pablo Ferreiro, en directo o primeiro partido de Powell coa celeste no Pazo ou o posible regreso de Dago Peña ante os seus ex, son so algunhas das razóns deportivas para estar no Pazo dos Deportes o sábado dende as 19:00 horas.

Ademais o partido ten unha enorme carga solidaria con diversas iniciativas en marcha:

Partido dedicado aos que tratan a diabetes

O partido dedícase a dar visibilidade ao traballo de ADIL, a Asociación de Diabéticos de Lugo que coida e conciencia á poboación sobre unha doenza moi estendida.

Recollida de material escolar

A peña breoganista Embreogados, en colaboración co Banco de Alimentos de Lugo e o Breo, situarán nos accesos puntos de recollida de material escolar novo ou en bo estado para facer chegar ás familias con nenos e se nenas en idade escolar que máis po precisan. Unha iniciativa que pon un grao de área para axudar nun aspecto tan importante como a educación dos pequenos.

Calendario solidario Raiolas

A asociación de pais, nais e persoas con trastornos do Espectro Autista (TEA) e Trastornos da Comunicación Social (TCS), Raiolas, terá á venda no Pazo o seu tradicional calendario solidario cuxa recadación irá para axudar á importante labor de integración e axuda ás familias.

Algunhas razóns para non faltar ao Leite Río Breogán -Leyma Coruña

Candelas e os máis pequenos con Somos Unidos

A iniciativa Kids Inspired de Cafés Candelas ofreceu aos nenos e nenas afeccionados ao Breo a debuxar para decorar unas cuncas mug cos seus deseños. Esas pezas únicas venderanse na tenda oficial do Breo e a recadación irá a beneficio de Somos Unidos por el Cáncer, a asociación lucense que coida e conciencia sobre a doenza. Os pequenos participantes Terán a oportunidade de saltar á pista do Pazo no descanso e fotografarse con Máximus e Capitán Candelas e levar un agasallo pola súa participación nesta solidaria iniciativa.

Os pequenos terán uns minutos co equipo e con Máximus

Con motivo das datas de Nadal, ao finalizar o partido, os menores (abonados e posuidores de entrada en categoría infantil) poderán achegarse á pista para saudar a Máximus e aos xogadores do Breo e levar o seu autógrafo. Será imprescindible que os nenos leven calzado deportivo para poder acceder á cancha. Os país e titores poderán agardalos nas marxes da pista.

Os elfos da Peña Breogán

Xa é tradición que os membros da Peña Breogán contribúan a facernos sorrir con algo tan propio das datas navideñas como un reparto de doces entre os asistentes. Alí estarán un ano máis os axudantes do Apalpador e de Papa Noel.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información