Amargo MVP para o capitán

Salva Arco foi o xogador máis valorado da xornada e Stainbrook o segundo, pero non puideron redondear a grande actuación cunha vitoria

O altísimo nivel de xogo que está a exhibir o capitán celeste Salva Arco púidose ollar unha vez máis na última xornada na que asinou 25 puntos (5/6T2, 3/5T3, e 6/6TL), 5 rebotes, 3 asistencias, 2 recuperacións, 4 faltas recibidas e 34 puntos de valoración final. Unha actuación que o convirte en MVP da xornada 25 en LEB.

Tras Arco sitúase Matt Stanibrook, que callou un bo partido con 16 puntos (4/8T2, 8/8TL), 6 rebotes, 4 asistencias, 3 recuperacións, 7 faltas recibidas e 28 tantos de valoración.

O Cafés Candelas finalizou o partido ante o Palencia con máis valoración que o rival (89 por 85 dos palentinos), pero o gran acerto dos visitantes deulles a primeira vitoria foránea no Pazo no que vai de curso, na xornada 25. O Breo tivo nas mans de Úriz (que foi o mellor base da pasada xornada)  o lanzamento para forzar a prorroga e nesta ocasión no quixo entrar.

Unha derrota que non permitirá desfrutar como debe a Arco do seu MVP semanal e a Stainbrook da súa mención como mellor «center» da xornada 25.

Amargo MVP para o capitán
Amargo MVP para o capitán

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información