Ao Breo sobroulle a segunda parte en Sarria ante un serio Obras Sanitarias (65-76)
Os celestes acusaron a falta de rodaxe e as baixas na primeira proba de pretempada
O Cafés Candelas amosouse superior a un potente Obras Sanitarias durante a primeira metade. Ao descanso chegábase cun 40-30 no marcador dun Novo Chanto que presentaba un aspecto espetacular na grada.
Unha escordadura sentaba a Alec Brown no banco e os celestes tiveron que afrontar o partido sen o americano, que se sumaba ás baixas de Redivo, Norel e Úriz que non participaron debido a diversas molestias físicas.
O Obras Sanitarias saiu tralo descanso disposto a darlle avolta ao partido e logrouno apesar da resistencia celeste. Os arxentinos amosáronse moi serios eaproveitaron a superioridade física para remontar e acadar a vitoria final (65-76).
O equipo celeste buscará recuperar efectivos para pensar no Circuito Movistar de Tarragona.