Aprazado o Río Breogán - Joventut Badalona previsto para este xoves

Compartir con

O partido Río Breogán- Joventut Badalona, aprazado no seu día da xornada 11 da liga Endesa e programado para este xoves 30 de decembro, ás 20.30, foi novamente aprazado ante a situación de casos positivos por COVID-19 que afecta a catro xogadores do persoal do Joventut Badalona.

A acb comunicará en breve a nova data para a disputa do partido.

Desde o CB Breogán desexamos unha pronta recuperación aos afectados e agardamos poder volver pronto á normalidade que nos permita disputar o encontro ante un gran e histórico rival como é o Joventut de Badalona. Moito ánimo.

Aprazado o Río Breogán - Joventut Badalona previsto para este xoves

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información