Aprazamento da Xunta Xeral Ordinaria

Compartir con

Por causas de forza maior o club convocará nova data

Con data 13 de novembro de 2020 foi publicada no Boletín Oficial do Rexistro Mercantil a Convocatoria da Xunta Xeral Ordinaria de accionistas da entidade, para ser celebrada o día 17 de decembro ás 20 h, en primeira convocatoria, ou o 18 de decembro ás 20 h, en segunda convocatoria, no Salón de Actos da Excma. Deputación Provincial de Lugo.

Que, debido á situación actual, por estritos motivos sanitarios e de impedimento de aforo na sede prevista, vémonos na obrigación normativa de suspender a Convocatoria mencionada e cambiar a data e a sede, polo que publicaremos a súa modificación durante os próximos días no Boletín Oficial do Rexistro Mercantil.

En vista do anterior, rogamos as pertinentes desculpas, así como a comprensión pola impredicible situación sanitaria actual, e facemos saber aos accionistas que así se interesaron ou queiran facelo, que seguirán obtendo durante esta semana a documentación pertinente en relación á orde do día preestablecido.

Aprazamento da Xunta Xeral Ordinaria

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información