As institucións dan os parabéns ao Cafés Candelas polo campionato e o ascenso

Concello, Xunta e Deputación recibiron ao equipo

As autoridades lacáis, provinciais e autonómicas celebraron o éxito deportivo do equipo celeste.

As institucións dan os parabéns ao Cafés Candelas polo campionato e o ascenso

O Concello de Lugo, coa alcaldesa Lara Álvarez á cabeza recibiron ao equipo e celebraron a súa achega ao deporte lucense. A rexedora destacou o que chamou «o quinto período» no que os xogadores dedican tempo sempre a estar cos seareiros  ao remate dos partidos e a facer realidade as  ilusións dos  máis pequenos como un xesto de vencellalos aos valores  do deporte.

As institucións dan os parabéns ao Cafés Candelas polo campionato e o ascenso

O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, recibiu ao equipo e destacou os valores e o traballo  dos celestes e o privilexio de que Galicia poida celebrar derbis galegos ao máis alto nivel a vindeira tempada, levando as cores de Galicia  a toda España.

As institucións dan os parabéns ao Cafés Candelas polo campionato e o ascenso
As institucións dan os parabéns ao Cafés Candelas polo campionato e o ascenso

Pola súa parte, o Presidente da Deputación Provincial, Darío Campos, destacou o orgullo  da provincia de Lugo de poder contar cun equipo que leve os valores de Lugo o  máis lonxe posible. Na recepción lembrouse a grande vinculación do  ente provincial co deporte e moi especialmente co Breogán como unha cabeza moi  visible do deporte lucense e exemplo para os máis novos.

As institucións dan os parabéns ao Cafés Candelas polo campionato e o ascenso

Xa dende o balcón de San Marcos, sede da Deputación, as autoridades e o equipo dirixiron unas palabras aos afeccionados congregados que corearon os nomes dos xogadores, o himno oficial e compartiron por  máis dunha hora espazo na praza onde houbo centos de autógrafos e fotos cos trofeos  e os xogadores.

As institucións dan os parabéns ao Cafés Candelas polo campionato e o ascenso
As institucións dan os parabéns ao Cafés Candelas polo campionato e o ascenso

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información