Devin Davis: «Encántame que o Breo volva a ACB, Lugo meréceo»

Devin Davis: «Encántame que o Breo volva a ACB, Lugo meréceo»

O americano que máis veces vestiu a celeste non esquece o seu paso pola cidade das murallas. Así llo fixo saber ao noso colaborador Alberte López nunha entrevista

Devin Lavall Davis, nado en Miami, xogou case toda a súa traxectoria en España, sendo un histórico do Breogán en varios apartados estatísticos. Devin xogaba de ala-pívot cos seus 2,00 e era un xogador recoñecido polo seu talento e que Javier Ortiz define como difícil de parar polo súa capacidade de salto e velocidade, pese a non ser moi alto nin un xogador de moito peso.

Devin Davis: «Encántame que o Breo volva a ACB, Lugo meréceo»

1. Que fai Devin Davis actualmente?

Son parte do corpo técnico do equipo da Universidade de Dayton.

2. A día de hoxe es o segundo xogador do Breo con máis encontros, minutos e puntos; e ademais o máximo reboteador. Como te sentes ao respecto?

Síntome xenial sendo un top 2 dos xogadores que estiveron en Lugo, o Breogán é un club que sempre quererei.

3. Desenvolviches a maior parte da túa carreira en España. Que lembras dos equipos aos que pertenciches?

Lembro que era unha moi boa liga na que xogar. Quizais o meu mellor momento foi en Lugo, deixei unha familia alí.

4. Que é o que máis che gustaba da cidade, e que o que menos?

Gustábame todo. Lugo ofreceume unha gran cidade, tiven grandes fans como Carmen ou a xente da Peña Davis Forever, e a miña familia nas oficinas: Raúl, Fran, Sesé e o doutor… Comer nos restaurantes habituais...

Sesé foi coma unha nai para min, quérolle moito. Cando marchei de Lugo lembro que os dous acabamos chorando na oficina ao ir despedirme.

5. Cales son os mellores xogadores cos que xogaches?

Hai moitos tanto en España coma nos USA, sería unha lista demasiado longa.

6. Aparte da túa experiencia final en Arxentina, pasaches un tempo en Rusia. Tivo que ser un bo choque para un tipo de Miami.

A experiencia rusa foi moi corta, era unha liga que quería probar, pero voltei a España 3 meses despois para xogar no Barcelona

7. Estiveches aquí recentemente?

Fun a España hai 3 anos para a miña lúa de mel, estivemos en Barcelona e Ibiza.

8. Tes contacto con algunha das persoas que coñeciches en Lugo?

Non teño contacto con eles dende hai anos, as cousas non remataron ben con certa xente o último ano cando me lesionei.

9. Como saberás o Breogán regresou á ACB despois de tantos anos intentándoo. Que sensacións che produce este feito?

Encántame que esteades de volta na ACB, o Breogán e a cidade de Lugo merecen estar aí.

Devin Davis: «Encántame que o Breo volva a ACB, Lugo meréceo»
Devin Davis: «Encántame que o Breo volva a ACB, Lugo meréceo»
Devin Davis: «Encántame que o Breo volva a ACB, Lugo meréceo»
Devin Davis: «Encántame que o Breo volva a ACB, Lugo meréceo»
Devin Davis: «Encántame que o Breo volva a ACB, Lugo meréceo»
Devin Davis: «Encántame que o Breo volva a ACB, Lugo meréceo»

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Aceptar Máis información