Asegura a túa entrada para animar ao Río Breogán en Bilbao

Compartir con

Se queres facerte cunha entrada para a zona reservada polo Surne Bilbao Basket para a Marea Celeste, fai a túa reserva

Proceso de reserva e compra de entradas para o partido da liga Endesa en Bilbao o próximo día 5 de decembro ás 20 horas.

Pasos a seguir:

1.- Seleccionar categoría no despregable e cumprimentar datos persoais:

- Sénior maior de 16 anos: 15 Euros.

- Infantil: maior de 5 anos e menor de 15 anos: 11 Euros.

- Gratuíta: menor de 4 anos. ( Será necesario entrar ao pavillón cunha entrada específica para esta idade)

2. Tras cumprimentar os datos, e ata un máximo de 5 por cada compra, pulsar "Enviar e ir compra" para abonar as entradas con tarxeta.

3.- Finalizado o proceso de cumprimentar datos e tras pulsar "Enviar e ir Compra" será redirixido á web da nosa tenda:

• Débese seleccionar o número de entradas de cada categoría - Incluídas as de cortesía para os nenos e nenas de entre ou e 4 anos-

• Procederase ao pago do número de entradas solicitadas. Non será posible comprar unicamente unha entrada de cortesía.

• O prazo de reserva e compra permanecerá aberto ata as 13:00 horas do luns 29 de novembro, ou ata cubrir o máximo de prazas dispoñibles para a zona reservada polo club local.

• Co correo recibido - non será necesario imprimilo bastará con mostralo no móbil- recoller as entradas nas oficinas do Club Baloncesto Breogán entre o día 30 de novembro (Desde as 12:00 h.) e o 2 de decembro en horario de 10 a 14 horas e de 16:30 a 19 horas. (Recomendamos revisar cartafol de SPAM).

4.- A entrada no Pavillón "Bilbao Area" realizarase a porta asignada na entrada.

ACCEDE A RESERVA E COMPRA

Asegura a túa entrada para animar ao Río Breogán en Bilbao

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información