Axuda ao teu equipo: Renova o teu abono e súmate ao reto celeste

Compartir con

Axuda ao teu equipo: Renova o teu abono e súmate ao reto celeste

Precisamos máis que nunca á nosa xente, a MAREA CELESTE. Conseguimos formar un equipo ilusionante, e co apoio de todos os breoganistas faremos ao noso Breo aínda mellor. Na tempada máis difícil, apoia ao teu equipo renovando o teu abono

O LEITE RIO BREOGAN LANZA A CAMPAÑA DE ABONADOS PARA A TEMPADA 20/21 

Na primeira fase os abonados da campaña anterior poderán realizar a reserva e renovación da súa localidade cun pago inicial de 30 euros. A localización de cada abonado poderá ser utilizada a partir do momento en que as condicións sanitarias permitan o uso completo do aforo, ata ese momento, a distribución dos abonados farase conforme á restrición de aforo determinado pola normativa vixente, tentando sempre por parte do club respectar na medida do posible a zona que a cada abonado correspóndalle (zona de cadeiras grises, bancos, zonas de cadeiras brancas ou fondos).

Desde o luns 7 de setembro ábrese un período, ata o MARTES 6 de outubro, só para reserva de localidade dos abonados da tempada 19/20. A continuación, abrirase un segundo prazo entre o martes 6 de outubro e o martes 13 de outubro, neste caso para recolocación de localidades entre os que renovasen o seu asento. E, finalmente, do mércores 14 de outubro en diante abrirase o prazo de inscrición para novos abonados.

O pago do resto do abono será proporcional aos partidos que os aboados poidan disfrutar por dereito dentro da limitación de aforo. Cada aboado que teña dereito por sorteo a entrar en cada partido (que se sorteará por grupos de zonas nun sorteo no que os que teñan dereito ao primeiro partido non entrarían no sorteo do segundo) mercarán unha entrada a prezo prorcional do abono para confirmar a súa asistencia (divídese o prezo total do abono -mesmo importe que a pasada tempada- entre o número estimado de partidos e descontarase a parte porporcional dos 30€ pagados no pir meiro prazo) .

En todo caso o prezo final do abono en cada categoría sempre será igual (en caso de aforo completo en tódolos partidos) ou inferior ao da pasada tempada (o aboado pagará en porporción aos partidos que teña dereito a asistir.

Ante o imprevisible da situación actual agradecemos a maior comprensión posible aos nosos socios, reservándose o club o dereito a calquera modificación que por causa imprevisible e inevitable obrigue a unha variación do aforo ou das condicións anteriores. O club irá informando de calquera novidade respecto diso.

--RENOVA AQUÍ--

Axuda ao teu equipo: Renova o teu abono e súmate ao reto celeste

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información