#50anosdeBreo : Homenaxe aos primeiros gladiadores celestes. O Club lembrará os seus inicios con presenza de xogadores das primeiras tempadas
Unha representación dos pioneiros en vestir a celeste serán obxecto da homenaxe no intermedio do encontro do sábado día 5 no Pazo ante Oviedo Baloncesto (18:15 horas).
Baloncestistas que defenderon as cores do Breogán alá por finais dos 60 e principios dos 70, ata o equipo que deixou para a historia a primeira participación do Breo en División de Honra.
Desgraciadamente, por múltiples motivos, non poderán estar todos os que deron aqueles primeiros pasos clave para que hoxe poidamos falar de medio século de historia. Pero os que o sábado pisarán o parqué do Pazo constituirán un plantel representativo de luxo para lembrar os nosos inicios.
Será a oportunidade de ver xuntos, e actualizar unha foto de equipo que quedará sen dúbida para a memoria.