Adrián Chapela xogará cedido no Xuven Cambados

Compartir con

O Cafés Candelas Breogán e o Club Xuventude Baloncesto Cambados chegaron a un acordo de traspaso temporal de dereitos federativos do xogador Adrián Chapela para a tempada 2015/16. As negociacións para a cesión do xogador leváronse a cabo dende mediados do mes pasado, e finalizaron esta semana coa sinatura dos documentos entre clubes.

Adrián Chapela xogará cedido no Xuven Cambados
Adrián Chapela xogará cedido no Xuven Cambados

O xogador desprazarase nas vindeiras horas a Cambados para formalizar a cesión tras superar as probas de recoñecemento médico preceptivas.

Adrián Chapela disputou unha media de 12 minutos en 31 partidos co CB Breogán na pasada tempada e chega a Cambados para seguir a súa porgresión como xogador na categoría LEB Plata nun club galego con aspiracións onde traballará ás ordes dun adestrador con ampla experiencia tanto nacional coma internacional como é Miguel Ángel Hoyo.

Dende o CB Breogán desexamos o mellor a Adrián Chapela nesta nova etapa que será clave no desenvolvemento da súa carreira profesional.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información