Apúntate á viaxe celeste a Riazor

Compartir con

Marea Celeste de novo na estrada. O Cafés Candelas Breogán xogará este martes o quinto e definitivo partido da eliminatoria fronte a Basquet Coruña en Riazor.

Apúntate á viaxe celeste a Riazor

Os interesados poderán apuntarse aos buses para a afección pasando polas oficinas do Pazo na tarde deste luns de 17 a 20:00 horas e de 9:00 a 13:00 horas do martes. 

O prezo por persoa será de 6€ e a saída dende o Pazo está prevista ás 18:30 horas.

Os afeccionados poden mercar xa as entradas por internet (non haberá entradas en Lugo) na web do club herculino neste ENLACE, ou ben na taquilla de Riazor.

Os menores de idade que viaxen sos terán que ter autorización paterna por escrito.

O regreso a Lugo efectuarase tralo remate do partido.

A confirmación do desprazamento efectuarase sempre que se cubran un mínimo de prazas.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información