breogán
Conexión para usuarios registrados

C.B. BREOGÁN

Noticias


06/07/2010

Bao: «a renovación dos técnicos é a resposta ao seu total compromiso»


Bao: «a renovación dos técnicos é a resposta ao seu total compromiso»

Haz click sobre la imagen para ampliarla

O Presidente provisional do CB Breogán mostrouse satisfeito pola decisión adoptada polo Consello de Administración que implica a continuidade de todo o corpo técnico do Leite Río Breogán. Bao felicitounos polo seu compromiso co clube: «a súa capacidade demostrada o pasado ano e o seu compromiso con Breogán é para nós fundamental e estamos seguros de que continuarán nesa liña» dixo.
O Vicepresidente Deportivo, Cristino Menor, comentou polo miudo as razóns polas que se confía na continuidade do equipo técnico.

Cristino Menor dixo que «para nós é un día moi importante e marca o punto de saída para este novo Breogán en canto á formación do equipo se refire. É un paso máis para a construcción dun proxecto viable para moitos anos, con modestia, pero ilusionante. Precisamos de xente comprometida e todos van ter unha implicación fundamental no traballo do primeiro equipo e de canteira, ademais de estar implicados no aspecto social do proxecto».
Menor comezou pola única incorporación ao equipo técnico: «dende agora o Leite Río Breogán contará cun terceiro adestrador que é Quique Fraga. Será unha peza fundamental porque seguirá sendo o adestrador do equipo EBA e o primeiro equipo contará permanentemente coa participación de xogadores novos desa categoría no traballo diario».
Menor cualificou a traxectoria de Lisardo Gómez como un dos grades orgullos para o club, debido a que foi medrando dende a base ata ser a man dereita de Rubén Domínguez no primeiro equipo: «o seu percorrido é impecable dende o equipo EBA, pasando polo éxito do SUB20 e a súa adaptación a Adecco Oro».
Cristino Menor alabou o traballo realizado pola fisioterapeuta, Belén Díaz, e o preparador físico, José Manuel Miragaya: «o nivel acadado nas recuperacións dos lesionados e o nivel físico do equipo foi un exemplo que non pasou desapercibido para ninguén». O Vicepresidente Deportivo dixo que «Belén é un apoio constate para os xogadores, e Miragaya –o que menos tempo leva no equipo- supuxo unha grata sorpresa a nivel profesional pola súa capacidade».
Sobre Francisco de Andrés, Menor comentou que «temos a un dos mellores delegados profesionais que hai en España. A súa capacidade de traballo e coñecementos son fundamentais para o equipo. Ademais colaborará na asesoría técnica –parcela na que Juán Carlos Castro ostentará a secretaría técnica».


OS TÉCNICOS


ADESTRADOR: RUBÉN DOMÍNGUEZ (Vigo, 18 de xuño de 1973).


Licenciado en Psicoloxía. Actual Seleccionados galego. Cumprirá a súa 5ª temporada no CB Breogán. Anteriormente adestrou en Rivas Futura (Liga Feminina), Inelga Vilagarcía (EBA), e no Cíes Vigo.


SEGUDO ADESTRADOR: LISARDO GÓMEZ (Lugo, 8 de outubro de 1974)


Cumprirá a súa 2ª temporada como segundo adestrador.Formado como xogador no Estudiantes Lugo pasou á parcela técnica do club de formación no que adestrou en diversas categorías ata chegar a ser axudante no primeiro equipo do Breogán.
 


TERCEIRO ADESTRADOR/EBA: ENRIQUE FRAGA (Lugo, 7 de setembro de 1969)


Segundo ano como adestrador do equipo EBA do Estudiantes Lugo, club onde adestra dende hai seis temporada,  incorpórase como axudante do corpo técnico do CB Breogán.


PREPARADOR FÍSICO: JOSÉ MANUEL MIRAGAYA (Guitiriz, Lugo, 20 de marzo de1981).


Licenciado en INEF e con experiencia anterior en diversas entidades. Cumprirá o seu terceiro ano como preparador físico do CB Breogán.



FISIOTERAPEUTA: BELÉN DÍAZ ( A Coruña 14/10/1980)


Diplomada en Fisioterapia. Cumprirá a súa sétima temporada no CB Breogán. Anteriormente fora fisioterapeuta do CB Ensino.


DELEGADO: FRANCISCO DE ANDRÉS (Xixón, 11 de xullo de 1967)


Cuprirá a súa 11ª temporada no CB Breogán. Anteriormente foi en 12 temporadas delegado do Xixón Baloncesto. Delegado de varias Seleccións Españolas (SUB20 e Selección B en varios campionatos internacionais). Delegado FIBA en Final Four de Barcelona e All Star ACB.


+ Noticias

Los participantes en el «Corre Con Nós» entrarán al Breo presentando una moneda y su dorsal
El Breo necesita una victoria balsámica ante el Huesca
06/02/2012

Próxima cita: el sábado ante el Lobe Huesca...

El próximo sábado día 11 a las 19:15 horas, el Breogán r...

seguir leyendo SEGUIR LEYENDO
05/02/2012

Momentos Históricos y partidos para el recue...

En la temporada 2011/2012 se cumplen 45 años del Breogán c...

seguir leyendo SEGUIR LEYENDO
04/02/2012

El Breo acusó las pérdidas y no pudo con lo...

Nuevo frenazo del Breo en su búsqueda de acercarse a los pu...

seguir leyendo SEGUIR LEYENDO
03/02/2012

Día de partido ¿Qué dice la prensa?

Resumen de lo publicado por la prensa sobre el encuentro que...

seguir leyendo SEGUIR LEYENDO
<< < 1 2 3 4 5 > >> 

breogan
inscripciones-para-escuelas-y-equipos

medida


encuestas Encuesta

¿Qué te parecen los precios de los abonos de segunda vuelta del Breo?

Encuesta

ver resultados VER RESULTADOS >




Patrocinadores



Patrocinadores   CB Breogán RSS  
 

® CBBREOGAN.COM | L.O.P.D. | L.S.S.I | NOTAS LEGALES | MAPA WEB |

wai A xtnl 1.0 transitional css2.1 rss valido