Caixa Rural prolonga o seu compromiso co CB Breogán

Compartir con

Unha tempada máis, e van xa máis de dúas décadas, Caixa Rural será unha das empresas que farán posible que o Breo siga adiante grazas á súa colaboración e ao seu compromiso coa promoción do deporte entre os máis novos da provincia de Lugo.

Foto: Pat Muñoz
Foto: Pat Muñoz
Foto: Pat Muñoz
Foto: Pat Muñoz
Caixa Rural prolonga o seu compromiso co CB Breogán

Nunha reunión mantida entre o conselleiro delegado do club celeste, Alberte Fernández, o director xeral de Caixa Rural, Jesús Méndez, e o director comercial da entidade, José Manuel López, confirmouse que Caixa Rural seguirá presente no proxecto celeste unha tempada máis.

Ademais da colaboración mediante soportes publicitarios, está previsto que Caixa Rural sexa unha vez máis o impulsor, xunto co Breogán e coa Federación Galega, de convenios con clubs de base da provincia de Lugo para a promoción do deporte da canastra. Grazas a este acordo, e entre outras vantaxes,  numerosos deportistas de base e escolares de diferentes puntos da provincia poderán asistir a animar ao Ribeira Sacra Breogán dende a grada que Caixa Rural dispón no Fondo Estadio e mediante a autocares para o desprazamento deses grupos, que contribúen a formar unha importante masa social arredor deste deporte.

Os acordos serán presentados ao longo da vindeira pretempada.

Dende o  CB Breogán agradecemos o compromiso de Caixa Rural que leva colaborando co club dende hai xa moitas tempadas.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información