04/05/2010
Haz click sobre la imagen para ampliarla
O Director Deportivo do CB Breogán, Chete Pazo, compareceu ante os medios de comunicación para falar do acontecido nos dous primeiros partidos da eliminatoria entre o ViveMenorca e o Leite Río, especialmente do polémico final do segundo encontro no que houbo decisións arbitrais que prexudicaron gravemente ao equipo galego.
Pazo comezou aclarando que xa esperaba unha eliminatoria complicada, sempre polo potencial do ViveMenorca, pero as circunstancias lévano a pensar que o esforzo do seu equipo terá que ser maior do previsto para gañar partidos: “Sabíamos que ía ser unha serie moi complicada para nós polo potencial que ten o Menorca. Sabíamos que ia ser unha serie que, iniciándoa fora da casa sería durísima. Despois do primeiro partido vexo que era moito máis difícil que o que criamos inicialmente. Vin que necesitaríamos o dobre de concentración e de esforzo do que é normalmente necesario porque non é suficiente o que estamos a facer ata agora. Penso que hai unhas diferenzas obxectivas en canto a decisións que prexudican ao noso equipo e que condicionan o desenlace do resultado. Cousas obxectivas como as faltas antideportivas e non só polo que en si supoñen senon por tódolos danos que supoñen a maiores. Teño serias dúbidas sobre as faltas antideportivas e o criterio sobre elas. Son claramente medibles porque revisando os vídeos vese que son iguais nun lado e noutro. Non quero pensar mal porque non son malpensado. Eu son galego como moitos ou todos os que estamos aquí e somos xente que historicamente estamos acostumados a que cando mexan por nós temos que dicir que chove. Pero chega un momento que hai que dicir xa basta porque sénteste cunha sensación de impotencia. Non quero pensar mal, non creo que haxa malicia nin ningún tipo de persecución. Sobre todo o que che queda despois do partido de onte é cara de parvo. Eu non son tan vello pero o do partido de onte non o vin nunca nun play off, nin eu nin xente que leva moito nesto do básquet e que, ademais das cincuenta ou sesenta chamadas que recibín entre onte e hoxe de xente de baloncesto, todos coinciden en non entender unha situación coma esta.”
Interrogado sobre si o CB Breogán presentará reclamacións formais sobre a arbitraxe, Pazo ten claro que os esforzos neste momento deben dirixirse noutra dirección: “Estamos moi ocupados pensando no partido do mércores. Temos moito traballo e o análise dos vídeos non é para reclamar senon para preparar o partido. Hai cousas que os técnicos están tratando de mellorar porque a sensación é de que non será suficiente chegar a unha situación de 61-61 e con posesión. Necesitaremos algo máis de marxe e hai moito traballo que facer como para presentar reclamacións. Temos presentado moitas reclamacións e alegacións e enviamos moitos vídeos, pero non so deste ano, senon de anos anteriores. Pero como o resultado é sempre o mesmo preferimos dedicar os esforzos a preparar o partido do mércores que gastalos noutra cousa. Nós dedicamos moitas horas pero tomamos a decisión de invertelas en preparar os partidos porque as reclamacións non teñen resultados de ningún tipo.”
Pazo anunciou a decisión do Consello de Administración de declarar o partido do mércores Día do Aboado: “ A afección de Lugo é exemplar a tódolos niveis. Sempre tiveron un comportamento exemplar co equipo e é perfectamente consciente do que o equipo se está a xogar e xa entre eles mesmos están a buscar apoios. Dende o club declarase o mércores día do aboado, o Consello de Administración decidiu que cada aboado pode convidar a catro persoas a animar ao equipo. A xente está sensibilizada e quere apoiar ao equipo como fixo durante toda a temporada. Dende aquí queremos trasladarlles que, aparte desta medida, coma sempre contamos co seu apoio e que non temos ningunha dúbida de que apoiarán ao equipo."
O Director Deportivo celeste relatou detalladamente a xogada final do segundo partido e a decisión arbitral que impediu ao Breogán optar a unha vitoria en Menorca: “Reviseino entre vinte e trinta veces as imaxes da Televisión de Galicia e o DVD oficial de partido. Dende o inicio a secuencia é a seguinte: hai unha situación de bloqueo directo entre Jordi Vallmajó e Eric Coleman cunha continuación interior de Coleman;. Vallmajó da un pase lateral a Jeff Adrien e prodúcese o lanzamento ; hai un contacto de Turner sobre o tiro de Jeff Adrien; hai unha continuación de Coleman acompañado por Ciorciari e hai un bloqueo de rebote de Cuthbert Victor sobre Eric Coleman. No momento que o balón está polo aire, Ciorciari está empurrando co brazo esquerdo a Eric Coleman e Coleman está empurrando a Cuthbert Victor e Betinho xa está no aire. No momento do empurrón, Cuthbert aparece debaixo de Betinho e Beto está arriba co brazo dereito totalmente erguido e a punto de coller o balón e co brazo esquerdo ten un contacto sobre Victor, recupera o balón e Cuthbert Victor desprázase ante a potencia brutal do brazo de Betinho una trescentos metros fora da illa de Menorca, e cae. Caio Torres e Diego Ciorciari, practicamente á vez, golpean a Betinho cunha "caricia", e nese momento, o árbitro levanta o puño e soa o silbato. É dicir, que entre o contacto de Betinho a Victor e o asubío pasou un segundo e medio. Non sei si pitou a segunda, a primeira, a terceira, si esperou a que o tempo se esgotase, a que quedase unha décima para pitar… Si pitas a primeira falta quedaría case que un segundo polo que aínda habería unha última posesión. Si consideras que xa ten o balón e que no momento que cae –Betinho- despraza a Cuthbert Victor, sería falta en ataque porque xa ten a posesión de balón polo que non habería dous tiros libres. Todo isto é complicado, ademais entendo que son decisións que para unha persoa que vai unha vez no fin de semana a un campo a desenvolver unha labor son moito máis complicadas. Si isto fose unha tarefa de tódolos días de mañá e tarde, refírome coma un traballo sería máis doado. No momento que pita e ergue o brazo xa se ilumina o marcador e non é o momento no que se produce o contacto de Betinho. Pero ben, tampouco pasa nada, porque un par de cuartos antes achegáronse á mesa e faltaban tres ou catro segundos para recuperar unha xogada e o marcador do pavillón de Menorca ten a función de pasar para a tras o tempo, é dicir que non era tampouco unha cuestión técnica de non ser capaces de volver a poñer o segundo que faltaba. É difícil de reclamar a falta, o segundo… si iso é falta, tódolos rebotes de ataque son faltas nun partido de baloncesto. Dediquei moito tempo porque teño as mesmas dúbidas que pode ter calquera afeccionado, o que pasa é que teño as ferramentas para velo pausadamente e sei que é unha decisión complicada.”
Nuevo frenazo del Breo en su búsqueda de acercarse a los puestos de play off. El equipo lucense superó al Palencia en muchos apartados estadísticos...
Resumen de lo publicado por la prensa sobre el encuentro que disputarán hoy viernes, a partir de las 21:00 horas, el Palencia Baloncesto y el CB Breo...
| Patrocinadores | CB Breogán | RSS | ||
|---|---|---|---|---|
® CBBREOGAN.COM | L.O.P.D. | L.S.S.I | NOTAS LEGALES | MAPA WEB |