Dani López sofre unha rotura e prolongará a súa baixa

Compartir con

Os resultados das diversas probas médicas ás que foi sometido o capitán do Cafés Candelas Breogán confirman que o xogador sofre unha rotura do recto anterior do cuadríceps da perna esquerda derivado dunha contusión tras un golpe no encontro de Burgos. Dani López, que xa non puido participar na pasada xornada ante Castelló, permanecerá de baixa por un prazo mínimo aproximado de tres semanas dependendo da súa evolución. O xogador está a recibir tratamento de fisioterapia para acurtar os prazos para o seu regreso na medida do posible.

Dani López sofre unha rotura e prolongará a súa baixa

A mala sorte estase a cebar co equipo.  Esta lesión súmase a outras sufridas esta tempada derivadas de traumatismos, como foron os casos de Matulionis (cuádriceps), Nelson (neumotórax), ou Howard (fractura).

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información