Despedida de tempada na compaña de afeccionados

Compartir con

Xogadores, técnicos e empregados do CB Breogán acompañado por membros do consello de administración acudiron o mércores pola tarde á praza de San Marcos de Lugo onde foron recibidos polos representantes dos diferentes grupos políticos provinciais e recibiron unha insignia da institución en recoñecemento ao traballo da tempada.

Despedida de tempada na compaña de afeccionados
Despedida de tempada na compaña de afeccionados

Tralo sinxelo acto público no que falaron o presidente Antonio Veiga, o conselleiro delegado Alberte Fernández e o adestrador Lisardo Gómez, o equipo saudou e agradeceu o apoio aos centos de afeccionados que asistiron para despedir a tempada dunha das maneiras que este equipo soubo facer durante o ano: estando preto da súa afección.

Fotos, autógrafos a nenos e maiores e moitas palabras de ánimo encheron a praza de San Marcos onde todos coincidiron que, aínda sen premio final, a tempada quedará na lembranza. 

Máis tarde o equipo reuniuse para celebrar unha cea de despedida.

Agradecemos unha vez máis aos afeccionados tódalas mostras de agarimo,o ao equipo que foron moitas, dende moitos lugares, e por moitos medios.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información