Día de partido: Agardando a gran final

Compartir con

Xornada de traballo e espera para que cheguen as 21:15 horas. O equipo iniciaba a xornada almorzando no hotel e cunha sesión de tiro no Marta Domínguez, escenario da final. Bo ambiente e moitas gañas por parte de tódolos membros do plantel.

Día de partido: Agardando a gran final

Nas gradas técnicos de televisión ultiman os detalles para a retransmisión – que finalmente non se verá íntegra en directo por TeleDeporte e haberá que recorrer a FEBtv.com- e operarios do pavillón rematan de engalanar a instalación que espera un cheo total.

De regreso  ao hotel, detallada sesión de vídeo no que se repasan conceptos de cara ao encontro. Tralas explicacións de Quique Fraga e Lisardo Gómez, o equipo baixou a comer e despois voltou ás habitacións para descansar, á esperada hora para sair de novo cara o Marta Domínguez. 

A final e o reencontro coa Marea Celeste, agardan aos nosos gladiadores. 

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información