Ecos dun derbi para a memoria

Compartir con

O encontro do venres 20 de marzo de 2015 foi moito máis que un simple partido. O derbi comezaba días antes nas redes sociais e nos medios de comunicación e remataba con emoción e celebración para os celestes que se viron acompañados por centos de breoganistas no Paco Paz. GALERÍA DO PARTIDO GALERÍA DE MAREA CELESTE

Foto: Pat Muñoz
Foto: Pat Muñoz


#oderbidomiño

Os moitos elementos que unen a Ourense e Lugo, entre eles o Miño ou gastronomía, e por suposto o amor polo basket, serviron para promocionar o derbi dende as contas oficiais en redes sociais de COB e Breo, que tiraron de retranca para chamar a atención sobre un acontecemento histórico no que dous equipos referentes no baloncesto galego e español, loitan polo ascenso.

#oderbidopolbo

É ben sabido qe Lugo e Ourense presumen, con fundamento, dunha gastronomía incomparable. Un dos elementos tradicionais e o polbo, e o cefalópodo uniuse en twitter á festa do básquet. Os xogadores do breo non dubidaron e saír unha mañá a degústalo na zona de viños de Lugo, onde foron convidados polos establecementos Verruga e Taberna de Daniel.

As buscadas entradas para o derbi

Ninguén quería quedar sen entrada para o derbi do Paco Paz. O equipo ourensán enviou a Lugo un lote de duascentas, que se esgotaron nunhas horas. O seguinte lote de duascentas máis tamén se esgotaron. Moitos lucenses acudiron con tempo á taquilla do Pazo ourensán para mercar o seu pase para unha tarde inesquecible.

A irmandade entre afeccións

Xa é tradición nos derbis entre Lugo e Ourense, que representantes das peñas de ámbolos dous clubs xoguen o seu particular derbi na mañá do partido. Nesta ocasión, por ves primeira, impuxéronse os ourensanos, que contaron na grada cos ánimos de xogadores e técnicos do primeiro equipo. Todo rematou nunha comida de irmandade.

Máis de 700 lucenses

Un autocar cheo,  moitos outros que colleron a estrada que une Lugo e Ourense, e breoganistas desprazados dende outros puntos de Galicia e incluso de fora da comunidade, formaron unha marea celeste inesquecible. Familias, grupos de amigos, nenos e maiores na grada gozando dun grande espectáculo.  Isto contribuíu a que o Paco Paz fora unha festa entre dúas afeccións etregadas e que deron un exemplo de deportividade.

O Partido

Moitos nervos na pista e un COB dominando o encontro durante moitos minutos, pero sen chegar a romper o partido. Isto foi o resumo de tres cuartos ata que a fe do equipo e un enorme Mamadou Samb, obraron unha remontada épica. 

A celebración

O centos de seareiros celestes celebraron cos xogadores o trunfo despois do partido. Primeiro xusto ao rematar, e despois de pasar por vestiario, tras a charla do adestrador e realizar o tradicional “selfie”, o equipo saíu de novo a saudar aos centos de breoganistas que apoiaron e creron no equipo ata o final.

O recoñecemento dos adestradores

Tanto Gonzalo García de Vitoria como Lisardo Gómez tiveron verbas para ámabalas dúas afeccións e felicitaron a todos, dende clubs ata afeccionados, por unha semana de derbi  inesquecible.

Grazas

Dende o CB Breogán amosamos o noso agradecemento a tódolos que se uniron á festa do #derbidomiño, sexa cal fora a súa maneira de facelo, e desexamos ao COB toda a sorte. Quén sabe si pronto, #oderbidomiño, será noutra categoría. O que si se demostrou, é que  ámbolos dous clubes e afeccións, merecen estar o máis arriba posible.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información