En clave lucense

Compartir con

Dous adestradores de Lugo á fronte de dous dos equipos máis representativos da cidade. Este é o momento que está a vivir o deporte en Lugo. Quique Fraga e José Durán dirixen a Cafés Candelas Breogán e CD Lugo. Eles citan, cos seus equipos, no Pazo e no Anxo Carro, a milleiros de lucenses que viven un soño permanente, e dirixen aos equipos que levan no cozarón.

En clave lucense

Fraga e Durán charlaron sobre o seu momento deportivo e persoal no Pazo nunha visita que realizou o adestrador do equipo de fútbol ao Pazo. Desexáronse sorte e amosaron a complicidade que so dúas persoas que teñen entre mans algo especial, poden sentir. A responsabilidade, o traballo e ilusión leváronos a onde se atopan. Eles, loitarán por que Lugo siga a ser un referente no deporte.

Seguro que moi pronto teremos cousas que celebrar, tanto os afeccionados do CD Lugo como os do Breogán ou os afeccionados comúns, que son moitos. Seguro que pronto Quique Fraga visitará a Durán no Anxo Carro, ogallá con motivo dunha grande celebración.

Somos moi de Lugo. Sorte!

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información