¿Eres abonado do Breo? Trae a un amigo ao derbi a prezo reducido

Compartir con

O vindeiro sábado 1 de novembro ás 19:15 horas no Pazo dos Deportes, o Ribeira Sacra Breogán recibe ao Leyma Basket Coruña no primeiro derbi galego da tempada 2014/2015. O club lucense pon a disposición dos seus abonados de categorías sénior, maiores de 65 anos e universitarios, a posibilidade de adquirir unha entrada por cada abono a prezo reducido de 5€ para asistir ao partido acompañado de algún amigo.

¿Eres abonado do Breo? Trae a un amigo ao derbi a prezo reducido

As entradas venderanse no Pazo presentando o carné de abono a partir das 17:00 horas do sábado. Venderase unha única entrada por carné e será imprescindible a presentación do mesmo.

Oferta válida para carnés de categoría senior, maior de 65 e universitario.

Os abonados entrarán como é habitual, presentando o seu carné na porta sin custo adicional algún.

As entradas ordinarias para non abonados terán os prezos de sempre: 15€ senior, 10€ para universitarios e maiores de 65 anos e 5€ para menores de 18 anos.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información