Este martes comeza a venda de entradas para os partidos de venres e domingo

Compartir con

O Ribeira Sacra Breogán recibirá ao Club Ourense Baloncesto no terceiro e cuarto encontro da final de ascenso a ACB os vindeiros venres 29 (21:00 horas) e domingo 31 (19:15 horas). As entradas venderanse a partir deste martes ás 17:30 horas nas oficinas do Breogán no Pazo dos Deportes.

Este martes comeza a venda de entradas para os partidos de venres e domingo

Os prezos serán os mesmos de todo o play off: Os aboados entrarán co seu carné e ademais terán a opción de mercar unha entrada para un acompañante a prezo reducido (5€) presentado o carné de abono da tempada 2014/2015 (unha única entrada por carné presentado).

Para os non aboados, os prezos serán os habituais de 15€ senior; 10€ estudantes menores de 25 anos e persoas maiores de 65 anos; 5€ menores de 18 anos. Os nenos pagarán a partido dos 4 anos.

O horario de atención desta semana será: martes de 17:30 a 20:00h. mércores e xoves de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:0 horas, e o venres de 10 a 14 e dende as 17 horas e tamén en taquilla antes do partido. Está previsto que o sábado se abra a venda durante un horario que se confirmará e tamén con antelación en taquilla o domingo, día de partido.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información