Fin do camiño no último paso da final para o Breogán

Compartir con

Mal encontro do Breo no quinto partido celebrado en Ourense. Os celestes realizaron un grande primeiro cuarto, pero foron superados con claridade no segundo cuarto por un COB que tivo un enorme acerto. O equipo contou co apoio de máis dun milleiro de afeccionados que se desprazaron a Ourense e animaron incansables aos seus incluso moito tempo despois de rematar o partido.

Fin do camiño no último paso da final para o Breogán

As palabras de Lisardo aos xogadores no vestiario ao final foron de agradecemento ao equipo pola tempada e polo que fixeron polo club e pola afección.

Dende o CB Breogán queremos felicitarao COB polo seu trunfo, e expresar  o noso agradecemento máis sincero a todos os que nos apoiaron ao longo desta temporada para a lembranza. Dende os aboados aos patrocinadores,colaboradores e mesmo xente quen dende a distancia amosaron o seu cariño e apoio ao equipo e ao traballo dos seus profesionais,cos seus erros e cos seu acertos. 

Todo o respaldo recibido por cada un de vos serve para que hoxe mesmo comecemos, con toda a ilusión,  a traballar nun novo soño para que pronto poidamos celebrar xuntos algo grande. Gazas e Forza Breo!

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información