Fin de semana de playoffs e solidariedade cos refuxiados. Colabora!

Compartir con

O CB Breogán e a Asociación Breoganista Nove Ondas unen forzas por unha boa causa. O breoganismo vai máis alá do baloncesto e quere axudar aos refuxiados sirios que malviven nos campamentos nos que se atopan nunha situación de emerxencia.

Fin de semana de playoffs e solidariedade cos refuxiados. Colabora!

Por elo nos dous vindeiros encontros a disputar na casa poderedes colaborar mercando participacións para o sorteo dos seguintes agasallos:

- Camisola asinada polo equipo

- Balón asinado polo equipo

- Tres bonecos do Breogán.

Ditas participacións serán vendidas nas portas de acceso ao Pazo por membros da Asociación. Terán un custo de 1 € cada unha.

Todo o diñeiro recadado irá destinado á Asociación Internacional Alhambra e a SOS Refugiados, organizacións que se comprometen a investir o 100% do recadado sobre o terreo.

O sorteo celebrarase o domingo e os resultados estarán dispoñibles para consulta en noveondas.org e cbbreogan.com.

No caso de non poder recoller o premio no Pazo e querer que se envíe por mensaxería deberase solicitar na dirección de correo electrónico noveondas@gmail.com

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información