Jonathan Gilling, novo xogador do Cafés Candelas Breogán

Compartir con

O internacional danés Jonathan Gilling (2,03m, 25 anos) incorporarase á disciplina celeste unha vez finalizados os seus compromisos coa selección nacional. Gilling é un xogador que pode ocupar con solvencia as posicións de «catro» e de «tres». Activo defensor e destacado reboteador nos dous taboleiros, posúe bo tiro dende máis alá da liña de tres puntos (41% de media nos catro anos de carreira NCAA).

Jonathan Gilling, novo xogador do Cafés Candelas Breogán

Inciado no Horsholm 79ers danés, formouse na universidade de Arizona State (NCAA), dando o salto á profesionalidade en Europa no Petrolina AEK Larnaca de Chipre (equipo Eurocup)  antes de regresar ao Horsholm.

Actualmente esta a xogar o Preeuropeo do 2017  co equipo nacional e tras tres partidos xogados asina unha media de 12 puntos e 3 rebotes.

Gilling.pdf

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información