Lisardo Gómez, recoñecido nos premios El Progreso ao Deporte Lucense

Compartir con

O adestrador do Cafés Candelas Breogán foi premiado polos lectores do diario lucense nunha votación aberta na que recadou máis de catro mil votos e sendo elixido o mellor na categoría de baloncesto. O premio ao mellor deportista lucense do ano foi para o pentatleta Cristóbal Rodríguez.

Lisardo Gómez, recoñecido nos premios El Progreso ao Deporte Lucense

Dado que Lisardo Gómez se atopaba xa en Palencia co equipo para a disputa da segunda xornada de liga, o seu premio foi recollido por un dos seus compañeiros de corpo técnico: o preparador físico José Manuel Miragaya.

Dende o CB Breogán queremos dar a noraboa ao diario El Porgreso por mantrer a iniciativa de premiar aos mellores deportistas lucenses, e a tódolos premiados e nominados que, a bo seguro, merecen o recoñecemento polo seu esforzo e exemplo en cadansúa categoría e disciplina.

Nesta mesma semana tamén se entregaron en Lugo os premios da revista ZonaPress nos que se premiou ao ex xogador do Breogán Álex Llorca. Atopábanse nominados en diversas categorías Gary McGee e tamén o adestrador Lisardo Gómez.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información