Mortellaro seguirá no Ribeira Sacra Breogán ata final de tempada

Compartir con

O club executa a cláusula do contrato inicial co xogador mediante a cal o pívot queda vencellado á disciplina celeste ata o fin da presente campaña Chris Mortellaro convenceu aos técnicos dende o primeiro día polo seu traballo e implicación, o que lle permitiu integrarse rapidamente no Ribeira Sacra Breogán nun momento complicado coa lesión inicial de Samb e a posterior de Van Wijk.

Mortellaro seguirá no Ribeira Sacra Breogán ata final de tempada
Mortellaro seguirá no Ribeira Sacra Breogán ata final de tempada

O xogador asinou esta mesma mañá a documentación que o acredita como celeste ata o fin da campaña.
Mortellaro expresou a súa satisfacción por seguir no Ribeira Sacra Breogán e o seu compromiso de seguir traballando para axudar a que o equipo acade os maiores éxitos na presente tempada.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información