Nova semana e novo reto para o Ribeira Sacra Breogán

Compartir con

A derrota do equipo lucense no derbi do pasado sábado non frea a ambición do Breogán que buscará recobrar canto antes a xeira de triunfos. O equipo volveo ao traballo para preparar o próximo compromiso será o venres día 7 na cancha do Cocinas.com en Logroño (21:00 horas).

Matulionis entra a canastra no derbi da pasada xornada. Foto: Pat Muñoz
Matulionis entra a canastra no derbi da pasada xornada. Foto: Pat Muñoz

O equipo rioxano non coñece aínda a victoria no que vai de campaña pero posúe xogadores de calidade contrastada que o converte nun equipo perigoso.

Nas ringleiras de Cocinas.com militan xogadores contrastados como Ruiz de Galarreta, Sean Oguirri, Alfredo Ott, ou José Manuel Coego. O Cocinas.com tamén conta co xogador lucense Brais Gago.
Christian Nwobgo é o xogador máis valorado do plantel rioxana e o seu máximo anotador (11,2 puntos por partido). 

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información