O Breoganismo volveu a amosar a súa solidariedade

Compartir con

Éxito da iniciativa da asociación Nove Ondas co apoio das peñas celestes e o club para recadar fondos e poñer o grao de area na axuda aos refuxiados. A campaña de venda de rifas para o sorteo solidario rematou cunha recadación de 1.700€ grazas aos xestos solidarios dos asistentes aos encontros do Pazo e aos voluntarios que axudaron a que todo fora posible.

Os voluntarios e os pequenos que exerceron de mans inocentes para o sorteo posaron satisfeitos polo traballo realizado. Parabéns!!
Os voluntarios e os pequenos que exerceron de mans inocentes para o sorteo posaron satisfeitos polo traballo realizado. Parabéns!!

No descanso do cuarto partido da semifinal efectuouse o sorteo que repartiu os seguintes premios:

Nº 2642: Boneco reprodución de Danilo

Nº 3360: Boneco reprodución Pep Ortega.

Nº 4133: Boneco reprodución Devin Wright.

Nº 4007: Balón oficial asinado polo equipo.

Nº 2649: Camiseta oficial  asinada  polo equipo.

Dende o CB Breogán felicitamos aos promotores da iniciativa e amosamos a satisfacción de pensar que a nosa pequena axuda, pode ser moi importante. Si acadamos un sorriso nalgunha faciana que o precisa,o xesto xa pagou a pena. Parabéns e solidariedade!!

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información