O Cafés Candelas adianta o horario do partido ante Oviedo para facilitar a xornada do Porta XI Ensino

Compartir con

O partido correspondente á xornada 7 de LEB Oro, previsto para o sábado día 5 de novembro do Cafés Candelas Breogán ante Unión Financiera Oviedo, adiantarase unha hora sobre o horario previsto e xogarase a partires das 18:15 horas.

O Cafés Candelas agradece o apoio da grada no último partido no Pazo
O Cafés Candelas agradece o apoio da grada no último partido no Pazo

O cambio responde á resposta a unha solicitude do Porta XI Ensino que, ante a imposibilidade de cambio de data, pediu ao CB Breogán a modificación de horario sobre o que é habitual para o equipo de LEB Oro, e así poder xogar dentro das franxas horarias permitidas pola FEB.

O CB Breogán, fiel á súa filosofía de colaboración con tódalas entidades deportivas, adiantará así o seu horario unha hora, permitindo que o encontro do Porta XI Ensino se xogue o mesmo día 5 a partires das 20:30 horas.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información