O Cafés Candelas Breogán, un ano máis no triangular «Lugo é Básket»

Compartir con

Presentada a terceira edición do triangular organizado pola Asociación Xuvenil Sagrado Corazón e que se disputará no Pazo dos Deportes de Lugo dende o venres 16 ata o domingo 18 de setembro e que terá como participantes a Cafés Candelas Breogán, Quesos Cerrato Palencia e Melilla Baloncesto.

O Cafés Candelas Breogán, un ano máis no triangular «Lugo é Básket»

O torneo iniciarase o venres ás 20:45 horas co encontro entre Quesos Cerrato Palencia e Cafés Candelas Breogán ; continuará o sábado co encontro entre Palencia e Melilla Baloncesto (18:30h) e finalizará o domingo co enfrontamento entre Cafés Candelas e Melilla Baloncesto (18:30 horas).  A entrega de trofeos está prevista para as 20:15 horas.

As entradas terán un prezo en taquilla (Tamén á venda anticipara en Deportes Élide) de 5€ por xornada e  haberá un bono para asistir ás tres xornadas de 10€. Os menores de 12 anos terán entrada libre.

A presentación do torneo realizouse na Excma Deputación Provincial de Lugo e contou coa presenza do deputado Pablo Rivera, o concelleiro de deportes, Miguel Fernández, o Presidente do CB Breogán, Jesús Lázare e o adestrador celeste Natxo Lezkano, e o representante da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón –organizador do evento- Oscar Engroba.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información