O Cafés Candelas Breogán, unha semana máis, líder de audiencias

Compartir con

O encontro do equipo celeste disputado en Barcelona o pasado venres foi o partido máis seguido da penúltima xornada de liga regular en LEB Oro. Un total de 17.435 usuarios (IP únicas) conectaron co encontro para ver a vitoria breoganista en terras catalanas.

Foto La Voz de Galicia
Foto La Voz de Galicia

O segundo partido máis visto tivo a outro equipo galego como coprotagonista: Foi o Quesos Cerrato Palencia – Ourense Provincia Termal que tivo 16.881 conexións. Si sumamos as 3.903 conexións do encontro do Leyma Básquet Coruña en Navarra, os tres equipos galegos sumaron, como visitantes, un total de 38.219 conexións, que é un 64,21% da audiencia total da penúltima xornada, que se xogou con horario unificado.

O equipo lucense reuniu diante das pantallas de smartTV, e outros dispositivos, ao 29,38% da audiencia da xornada.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información