O Cafés Candelas mantén o liderado tras vencer a Palencia nun emocionante encontro

Compartir con

Os celestes superaron a baixa de Geramipoor, o limitado estado físico de Arco e un irregular comezo ante todo un equipazo como o Quesos Cerrato Palencia, para ir de menos a máis durante gran parte do encontro ata que o cansazo se deixou notar e a calidade de Palencia fixo perigar a vitoria. Pero o apoio do Pazo e a entrega e oficio celestes permitiron amarrar unha importante vitoria en Lugo ante un dos grandes favoritos (89-87).

O Cafés Candelas mantén o liderado tras vencer a Palencia nun emocionante encontro

Michael Fakuade, con 16 puntos e 12 rebotes foi o  máis destacado (25 val.) xunto con Iván Cruz (21 puntos e 7 rebotes para unha valoración de 22). Lobito Fernández amosou a súa calidade con 18 puntos e 5 asistencias. Salva Arco fixo un esforzo enorme xogando con molestias e aportando 11 puntos. Tamén sumaron Franch (9 puntos e 6 asistencias), Huertas e Gilling con 6 puntos cada un, e Quintela con 2.

Youtube

En cumprimento da Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información, lembrámoslle que este sitio web utiliza cookies co fin de mellorar os nosos servizos.

Rechazar Aceptar Máis información